Bailar, danzar, facer festa. Tamén é un dos nosos dereitos. Que non quiten o baile é unha reivindicación do movemento como forma de celebración. Festexar o encontro nestes días de verán é un dos nosos retos. Na romaría, no torreiro, na praia ou no furancho. Remexamos as cadeiras! Fight for your rights to party. Stromae, Olmeca, Clube do Balanço, Cândida Branca Flor, Control Machete, Kilombo Puro, Osmar Milito, Tulipa Ruiz, Las Cafeteras, Gérard Klemer, Ugly Duckling, Fermín Muguruza, Jaro Milko & The Cubalkanics, The Cure Remixed, Las Conchudas e os Diplomáticos de Monte Alto. Toma pexeghasos!
Agradecemento ao Rómulo Sanjurjo por facernos chegar esa pezado de versión do Cantiga da Rúa da Cândida Branca Flor coa que os DMA están a pechar os seus concertos este verán.
Non son eu experto en música africana. Nen creo mesmamente que exista tal cousa. Lin por aí nun blog que nin tan sequera África existe. O que facemos aquí en Europa é simplificar por non querer coñecer como son os nosos veciños do sur. No vídeo de Black Gold de Esperanza Spalding un pai cóntalle aos seus fillos que de África veñen as primeiras sociedades democráticas, as letras e as ciencias. E en África habitan algunhas das civilizacións máis sustentables de todo o planeta. Pois iso. A aprender todas! E sobre o disco que podedes descargar que vos podo contar? pois que non é unha exhaustiva colección etnomusicolóxica. Nada máis que son cancións das que gosto por un ou outro motivo. Así que podedes atopar temazos de Fela Kuti, Aline Frazão, Salif Keita, Cesárea Évora, Miriam Makeba, Eddy Kenzo, Esperanza Spalding, Youssou N’Dour, Lambarena, Cheb Mami, Rachid Taha, Cheb Khaled e Machel Montano con LadySmith Black Mambazo. Que vostedes o gocen e o compartan.
Ola amigas!! Aquí andamos de novo fedellando pola rede na procura de músicas gorentosas coas que deleitarmonos os oídos. Un pouco de aquí e de acolá, como case sempre. Todo empaquetadiño nun rar para descargalo no PC ou no móbil e levar con nós novos temiñas xeitosos. Velaí imos coas Pegadas Sonoras!! 01 Bossacucanova – Balanca (Nao Pode Parar!) (con Cris Delanno), 02 Dalindèo – Another Devil, 03 Dalindèo – Karhupuiston Kuningatar Queen of Bear Park, 04 Calibro 35 e Roberto Dell’Era – Il beat cos’e’, 05 Garotas Suecas – Manchetes da Solidão, 06 Gran Manzana – Agencia eNNegro, 07 Imperial Tiger Orchestra – Le le le, 08 Kilongolo – Mvula Mandondo, 09 La Rebelión de la Serpiente Asesina – Agencia eNNegro, 10 Lá – Bruno Batista, 11 Lange Frans Cuca Roseta – Zing een liedje voor me, 12 Los Corraleros de Majagual – El Mondongo, 13 Orquesta Sonora Curro – Patuleco, 14 Ota Linja – Take the Line, 15 Peter Herbolzheimer Rhythm Combination & Brass – Feedback Brother e 16 Shantisan ‘Meninas E Meninos’ – DJ Makala
Mentres cociñas, mentres vas no coche, mentres te preparas para sair… a música está sempre canda nós e fai a vida mellor e máis divertida. Encrucilladas Musicais tráevos novos, e non tan novos, temas para escoitar onde e cando vos queirades. Se hoxe é o último día dun ano, aquí está un novo recopilatorio de Mexunxe. E é que a vida está chea de encrucilladas e todo é cuestión de decidirse por un dos camiños. Porque sen andalos non vivimos. Poida que o escollido non sexa o correcto. Pero nunca nos arrepintamos de andalo. Un machuco de Don Beto, un clásico de Rubén Blades, un novo temazo de Nico Pastoriza, unha xoia do Antonio Zambujo, os divertidos Rage Against the Marmottes, o pexegazo do ano da man de Caxade, un pouco de rap brasileiro con Elo da Corrente, os circenses Txarango, a arrebatadora Mónica de Nut, unha versión rocksteady do Meu Limao meu Limoeiro, a recuperada nas sesións veraniegas cos nenos no coche Watatina de Tin Tan e para pechar a licencia disco-mtv-40principales I Love It por aquelo de desparramar un pouco.
A Nena e o Grilo é unha marabilla. Os dous discos. Magín Blanco é un mago sorprendente que saca do seu chapeu cancións para nenos coas que os maiores gozamos coma eles. O Rocanrol Dragón é un deses temazos que lle abre os ollos ás cativas e cativos que soñan coa música, teñan 3 anos ou 30. Cóntanos a historia dun dragón que supera os seus medos e a golpe de traballo e confianza saca adiante o seu concerto. A canción é, ademais, unha enciclopedia do rocanrol e dende o Mexunxe queremos renderlle homenaxe compartindo con todas vós esta carpeta onde aparecen os 17 temas citados. Agardamos que vos preste.
01 A Saia da Carolina, 02 Tutti Frutti, 03 Walk On The Wild Side, 04 Sugar, Sugar, 05 It’s All Over Now, Baby Blue, 06 Baby, I Love You, 07 Sympathy For The Devil, 08 Across The Universe, 09 Be-bop-a-lula, 10 Da Doo Ron Ron, 11 (I Can’t Get No) Satisfaction, 12 Black Is Black, 13 Forever Young, 14 Louie Louie, 15 Spanish Bombs, 16 Miña Terra Galega, 17O Tren
Que a xente de fora ten a idea de que Galiza é un lugar húmido onde sempre chove e vai mal tempo non é ningunha novidade. E que ese clima é o inspirador de boa parte da nosa música, da máis recoñecible, tampouco o é. Pero se iso é ben certo tamén o é que unha nova vaga de artistas galegas están a inspirarse na outra cara desta climatoloxía, o calor abafante dos longos días de xullo e agosto. Poderiamos dar en chamarlle a isto o novo tropicalismo galego. Ben, igual é pasarse. Pois aquí tedes unha colección de músicas máis o menos encaixadas neste concepto e completadas con outros estilos ben distintos que vos valen, aos de dentro e máis aos de fóra para vos facer unha idea do que se anda a facer por este recuncho atlántico. Que vostedes o súen ben.